Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proceso selectivo 3 operarios de obras funcionarios carreira

23/11/2022

Anuncio rectificativo da lista provisional de admitidos e excluídos

Con data 17/11/2022 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a listaxe provisional de admitidos e excluídos, nomeamento de tribunal, e prazo de alegacións á listaxe provisional, dentro do proceso de selección de 3 operarios de obras funcionarios de carreira (oferta 2019). 

Debido a que  resolución contiña un erro na denominación das prazas, mediante Resolución de data 18/11/2022 se rectificou a lista provisional de admitidos e excluídos. Cuxo anuncio se publicou o día 23/11/2022 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Os aspirantes dispoñen de 10 días hábiles (até o 9 de decembro) para presentar alegacións á mesma.