Tui acolle este sábado a primeira proba do IV Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica
Tui acolle este sábado, 11 de maio, a primeira proba do IV Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui. O sábado dende ás 11 h no CETD (Centro Interfederado de Remo e Piragüismo) competirán deportistas con e sen discapacidade.