Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui lamenta o pasamento de Luís López Pimentel, presidente do Club Hípico Equigalia

3/08/2020

O Concello de Tui quere expresar as súas condolencias polo pasamento esta fin de semana de Luís López Pimentel, presidente do Club Hípico Equigalia. Dende o Concello quérese enviar unha mensaxe de apoio e cariño á súa familia, amigos e membros do club. 

Luís López Pimentel desenvolveu nos últimos anos un importante labor coma presidente do Club Hípico Equigalia así coma director do Centro Hípico Equigalia, promocionando o deporte da hípica no municipio. Amais nos últimos anos colaborou tamén no desenvolvemento das feiras cabalares de San Telmo e San Bartolomeu. A súa é unha gran perda para o deporte tudense e para o concello de Tui, destacando sempre polo seu valor coma persoa e coma profesional.