Mañá celébrase a VIII Gala do Deporte Tudense
O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, 28 de febreiro, ás 20.30 h a VIII Gala do Deporte Tudense. Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.