I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade
O sábado, 1 de xuño, dende ás 16 h celébrase no novo pavillón deportivo municipal de Tui o I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.
Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.