O Tyde FC participa por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold
O equipo alevín do Tyde F.C. vai participar por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold, en Alemaña. A expedición tudense, formada por 53 persoas entre xogadores, directivos, adestradores e familiares, partirá o mércores ás 8 h dende a Estación de Autobuses de Tui.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.