Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Final Four de Baloncesto no que o equipo infantil masculino xogará pola clasificación ao Campionato de España.

27/05/2021

Mañá venres, 28 de maio, ás 10.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación da Final Four na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará o sábado 29, a clasificación para o Campionato de España.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o responsable da area de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez, e o presidente do Club Baloncesto Tui, Nicolás Lorenzo.