Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Estes xoves reabre a Biblioteca Municipal para préstamo de libros

12/05/2020

Deberá levarse máscara e preferentemente luvas. Abrirá de luns a venres de 9 a 13 h

Este xoves, 14 de maio, terá lugar a reapertura da Biblioteca Pública Municipal de Tui na Área Panorámica. Será só para o servizo de préstamo e lectura en sala das obras previamente solicitadas.  O seu horario será de luns a venres de 9 a 13 h.

Os usuarios que se acheguen á Biblioteca deberán levar máscara e preferentemente luvas. No acceso haberá xel hidroalcólico ao seu dispor.

Aquelas persoas que desexen retirar algunha obra en empréstito deberán solicitar o exemplo no correo biblioteca@tui.gal ou no whatsapp 617 498 103, e serán informados cando poden realizar a súa retirada co correspondente carné da biblioteca.

Continua prorrogado o prazo de empréstito dos libros até o final de Estado de Alarma, de tal xeito que aqueles usuarios tiñan un libro cuxo data de vencemento era a partir do 13 de marzo está prorrogado este prazo. Aqueles que tiñan un libro cuxo prazo vencía anteriormente deberán avisar ao bibliotecario no momento da súa devolución para retirar a sanción, xa que neses casos non se puido prorrogar o prazo de xeito automático.

No referido á lectura en sala disporanse postos de lectura individual e as obras serán solicitadas ao bibliotecario.

Tras o seu uso os libros, tanto de consulta coma de empréstito, serán sometidos a unha corentena de 14 días.

Reapertura Biblioteca Municipal - Información