Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As Bibliotecas Escolares de Tui celebra on line a XI edición de Tui Le

23/04/2020

Trátase dunha iniciativa anual que ten lugar co gallo do Día do Libro

Tui Le” cambia este ano de escenario e desenvólvese en internet  e nas redes sociais. As bibliotecas escolares do concello de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tanto de Tui como de Valença tiñan previsto celebrar mañá venres, 24 de abril, a undécima edición de “Tui Le”, a festa anual que arredor do Día do Libro, na Praza de San Fernando reunindo a máis dun milleiro de rapaces para festexar o libro e a lectura.

Neste ano no que a pandemia do Covid19 impide a súa realización na praza o encontro realizarase a través dos medios online xa que as bibliotecas dos centros educativos de Tui non queren deixar pasar esta data e suman ao alumando e á cidadanía á festa.
Así as bibliotecas do IES San Paio, dos CEIP nº 1 e nº 2 de Tui, os CEIP de Rebordáns e Pazos de Reis xunto ao Colexio Maristas realizaron os seus vídeos para compartir con todos los lectores tudenses celebrando asi este “Tui Le”. Vídeo que esta tarde estarán accesibles nas redes sociais do Concello de Tui. 

Ver vídeos 

Por outra banda cómpre lembrar que a Biblioteca Municipal mantén a distribución de libros de balde a todos os lectores interesados. Dispuxéronse carros con libros na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.

Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento de que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.