Os Reis Magos ofrecerán unha recepción o próximo martes no Teatro Municipal
Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán o próximo martes, 5 de xaneiro, en Tui.
Este ano debido á pandemia da COVID 19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença. De todos os xeitos as súas maxestades de Oriente chegarán en tren até a Eurocidade realizando un percorrido máxico por Valença e Tui que se poderá visualizar nun vídeo que o luns, día 4, á noite se difundirá a través das redes sociais e a web municipal.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.