Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Dobre proposta teatral con Redrum e Galeatro esta semana no Teatro Municipal de Tui co 60 localidades por función

Undefined

O Concello de Tui mantén a programación cultural do Teatro Municipal con todas as medidas de seguridade continuando co protocolo covid establecido e limitando a capacidade a 60 persoas por función segundo a nova normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia. 

Tui presenta unha programación “segura” para volver ao Teatro no outuno

Undefined

“Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui. 
Foi presentada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz. 

La Macana con "Pink Unicorns"

O sábado, 21 de novembro, ás 19.30 h La Macana presenta " Pink Unicors " no Teatro Municipal de Tui. 

La Macana en “Pink Unicorns” asume o reto de por en escena a un pai, bailarín galego de orixe cubano, e ao seu fillo adolescente coa súa perspectiva “millenial”.  O resultado é un peza de danza contemporánea fresca e orixinal. Sobre o escenario  Alexis Fernández e Paulo Fernández nunha obra coproducida polo Agadic, Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen.

Avento Produccións con "Ummm unha comedia musical"

O venres, 20 de novembro, ás 18.30 h Avento Produccións presenta "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" no Teatro Municipal de Tui. 

“Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" é un espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos. Mestura cancións, bailes e cores para achegarnos unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de trallar en equipo.   

Teatro do Atlántico con "Dúas donas que bailan"

O venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui a traxicomedia “Dúas donas que bailan”.

Nesta derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet compartimos os soños e os fracasos de dúas mulleres, nunha intensa viaxe, tan divertida coma conmovedora, que con ironía e dureza tentan defenderse dos embates da sociedade.

Xampatito con "Só"

O venres, 30 de outubro, ás 19.30 h, chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo de circo-teatro “” da man de Xampatito Pato. Un espectáculo que ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura