A exposición “Estampas Anagrámicas” do tudense Rafael García Sánchez poderase visitar de novo en San Telmo despois de 87 anos
“Estampas anagrámicas” é o título da exposición do tudense Rafael García Sánchez que dende este mércores, 7 de abril e até o 15 de maio, ser´poderá visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui. Unha das peculiaridades desta mostra é que volve a exhibirse en Tui logo de 87 anos, pois o autor achegara esta colección para unha exposición celebrada no Casino tudense no ano 1934, ano no que se celebraron as festas de San Telmo no mes de xuño.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.