Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá preséntase o MUMI 2021

4/05/2021

Mañá mércores, 5 de maio, ás 11 hora galega terá lugar no Arquivo Municipal de Valença a presentación do MUMI, Música no Minho, 2021.A feira reunirá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués-

A presentación mañá correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a  César Cardoso e Manuel Vicente Roxo organizadores do MUMI 2021.