Festa Gastronómica 2019 - Bases
Bases da participación na IX Festa Gastronómica que se vai celebrar o sábado 10 de agosto na rúa Compostela formando parte da programación da IX Festa do Miño.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Bases da participación na IX Festa Gastronómica que se vai celebrar o sábado 10 de agosto na rúa Compostela formando parte da programación da IX Festa do Miño.
Este venres, 2 de agosto, temos unha nova cita co Cinema de Verán na praza de San Fernando. Ás 22.15 h proxectarase a película de "Small foot". Trátase dunha aventura animada para todos os públicos dirixida por Karey Kirkpatrick, con música orixinal de Heitor Pereira.
A praza de San Fernando acolle mañá mércores, 24 de xullo, a proxección da segunda película do ciclo “Cinema de Verán” que forma parte da programación “Verán na rúa” que organiza o Concello de Tui. A cita será ás 22.15 h coa proxección de “El regreso de Mary Poppins”.
O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra.
O “Verán na rúa” do Concello de Tui ofrece esta semana dobre proposta musical da man da IV AIS, Aula Internacional de Saxofón, e do VII IKFEM, o Festival Internacional de Teclado da Eurocidade Tui-Valença.
A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de “Verán na rúa”. Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.
O mércores, 14 de agosto, ás 22.00 h na praza de San Fernando remata o ciclo “Cinema de verán” coa proxección de “Teen Titans Go” dirixida por Aaron Horvath e Peter Rida Michail.
Tras decatarse que outros superheroes teñen as súas propias películas os Teen Titans buscan o director perfecto para debutar na gran pantalla. Pero no seu camiño atópanse con Supervillano e o seu maléfico plan para facerse coa Terra.
Duración: 87 minutos
Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro vaise celebrar o IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.
Programa:
O sábado, 10 de agosto, vaise celebrar IX Festa do Miño, un evento que aúna deporte, lecer, gastronomía e música en distintos emprazamentos dende a ribeira de Caldelas, o río Miño, a rúa Olímpicos Tudenses, e a rúa Compostela.
*Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego
Programa:
O venres, 2 de agosto, ás 22.15 h proxectarase na praza de San Fernando a película "Small foot" dentro do ciclo Cinema de verán.
Trátase dunha aventura animada para todos os públicos dirixida por Karey Kirkpatrick, con música orixinal de Heitor Pereira.