Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 16 h ábrese a reserva de entradas para novas quendas para a recepción dos Reis Magos

30/12/2020

Ás 16 h ábrese a reserva de entradas para novas quendas que se veñen de habilitar para a recepción dos Reis Magos o próximo martes, 5 de xaneiro, no Teatro Municipal.

Habilítanse 60 novas quendas en horario matinal entre as 11.30 h e ás 13.30 h para grupos de máximo de catro persoas.

Onte á tarde esgotáronse nunhas horas as 110 quendas habilitadas para a recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar entre ás 16 e as 19.30 h. Un total de 230 nenos e nenas e 110 persoas adultas teñen xa a súa quenda reserva para saudar as súas maxestades de Oriente.

Lembramos que a recepción real contará cun estrito protocolo anticovid. Recoméndase acudir unha antelación de 10 minutos sobre a hora fixada, e no caso de non poder asistir agradécese anular a reserva no enlace dispoñible no correo de confirmación recibido, para que deste xeito outra familia poida acudir á recepción real.

 

Reserva entradas