Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Valença e Tui con historia…” é o título do calendario da Eurocidade Tui-Valença para 2021

19/12/2020

Está ilustrado coas pinturas realizadas en acuarela polo artista portugués Antonio Nunes

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título “Valença e Tui con historia…” ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes. 

Ao longo dos doce meses do ano pódese facer un percorrido pola Praça da República e o Edificio dos Paços, a capela de San Teotonio, o Monte do Faro e a Capela de Santa Ana, a Igrexa de Santa María dos Anjos,  e Fortaleza e a igrexa de Santo Estevao, e a Estación ferroviaria de Valença e pola a vella Ponte Internacional, a capela de San Telmo, o centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia, o Paseo da Corredoira de Tui,  a Igrexa de San Domingos e a Catedral de Tui. 

Os calendarios distribuiranse dende o luns, 21 de decembro, e até fin de existencias, na casa do concello a cambio de alimentos non perecedoiros. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño.  Agradécese principalmente a entrega de conservas de froitas, legumes ou peixe  e produtos de Nadal…

 Calendario Eurocidade Tui-Valença 2021 (pdf)