Concerto da Banda de Música Popular de Tui
O mércores, 22 de xullo, ás 21 h, na praza de San Fernando a Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu segundo concerto dentro da programación do verán "Volvemos á rúa". Será baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez.
Será cun concerto con capacidade para 100 persoas. Débese facer reserva previa de entradas dende o luns 20 de xullo, ás 12 h, en www.enterticket.es, cun máximo de tres localidades por persoas.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.