Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O Teatro Municipal acollerá esta semana os eventos previstos na programación “Volvemos á rúa”

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos dentro da programación “Volvemos á rúa” ante a previsión de choiva que hai para os vindeiros días.  Tal e coma aconteceu xa onte co concerto de Roi Casal a actividade desenvolverase no Teatro con aforo limitado e protocolo de seguridade. 

Roi Casal actuará mañá no Teatro Municipal co seu concerto “As músicas do Camiño”

Undefined

O músico Roi Casal presentará mañá domingo, 16 de agosto, en Tui o seu espectáculo musical “As músicas do Camiño”. Será ás 22 h no Teatro Municipal, xa que debido as previsións de choivas foi cambiado o emprazamento dende a rúa Compostela, onde esta inicialmente programado, ao teatro tudense.  Debido a isto o aforo limitase a 150 persoas. A reserva de entradas segue aberta até mañá domingo, ás 12, ou até que esgoten as prazas dispoñibles, en enterticket.es

En menos de 10 minutos esgotáronse as entradas para o autocine deste venres

Undefined

En menos de 10 minutos esgotáronse as 110 prazas dispoñibles para asistir á proxección de “Joker” este venres en autocine na aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica. Coma aconteceu xa tamén coa primeira proxección de autocine de “Grease” as entradas esgotáronse rapidamente. Precisamente o autocine é unha das novidades da programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui este ano.

Música, novo circo e cinema esta semana na programación Volvemos á rúa

Undefined

Esta semana prosegue a programación cultural “Volvemos á rúa” con novas propostas de música, novo circo e cinema.

A música será a primeira das propostas desta semana co pasarrúas que o mércores, dende ás 21 h, ofrecerá a charanga tudense A Tu Ritmo. Amais na fin de semana, a partir das 21 h, continúan os pasarrúas o sábado co grupo folclórico Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis e o domingo co grupo folclórico San Fins de Rebordáns.

Leilía ofrece mañá domingo en Tui o concerto “Cantarelas”

Undefined

“Cantarelas” é o título do concerto que Leilía ofrecerá mañá domingo, ás 22.30 h, na rúa Compostela en Tui, dentro do programación “Volvemos á rúa”.

En 1989, as integrantes de Leilía - Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez - apostaron  por recuperar a tradición oral galega ao son das pandeiretas. Incorporaron despois instrumentos e polifonías non tradicionais, dando continuidade ao pasado a través do presente.  

A Biblioteca Municipal de Tui recibe axudas da Xunta para mellorar a súa colección bibliográfica

Undefined

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ten comunicado a resolución das axudas convocadas para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal de Tui recibirá achegas nas dúas liñas de axudas convocadas.

Exposición “Amenceu outra vez”

Até o 8 de agosto pódese visitar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, aexposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015)  “Amenceu outra vez”. Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.

Exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Até o 7 de agosto pódese visitar a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”  no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho co apoio do programa SmartMinho,financiado polo fondo europeo Interreg.

Nesta mostra reflíctese  a importancia que ten o río Miño nas localidades do seu arredor, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais e a xente que habita na súas ribeiras coas súas propias costumes, técnicas e gastronomía.

Chega a Tui a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Undefined

Dende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura