IKFEM
Do 2 ao 11 de outubro vaise celebrar na Eurocidade Tui-Valenca o IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade.
A programación completa será dada a coñecer en breve. Coñécese xa a primeira confirmación que é o concerto que Ainhoa Arteta ofrecerá o mércores, 7 de outubro, ás 21 h no Teatro Municipal e que será retransmitido por Afundación TV. As entradas están xa á venda en Ataquilla





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.