Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Así é o MUMI 2021: venres 10 de setembro, encontro das salas de concertos e festivais e sete bandas ao vivo

9/09/2021

Familia Caamagno, Conjunto! Evite, Silvia Penide e Barry White Gone Wrong actuarán para o público xeral na segunda xornada do Encontro Profesional de Músicas no Miño

As tres xornadas do MUMI 2021 Encontro Profesional das Músicas no Minho arrancaron o xoves 9 coa benvida aos profesionais inscritos por parte da organización e dos concelleiros de Cultura de Tui e Valença, Sonsoles Vicente e Mário Rui de Oliveira respectivamente. 

A área profesional do MUMI, localizada na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença, acolleu ademais na primeira xornada un faladoiro que reuniu a dúas entidades centradas nos direitos dos artistas: a SGAE, representada polo músico Teo Cardalda, e a Fundaçao GDA, pola que participou Eduardo Simões, o seu director xurídico. A música ao vivo puxérona os galegos Oîma e os portugueses José Valente e The Guit Kune Do. 

O MUMI está patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença a través do proxecto Unicidade; tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Deputación de Pontevedra, Bodegas Martín Códax, Gadis e Mel: Piquenique das artes!.

A choiva intermitente do xoves fixo que os concertos programados para a tarde nas rúas de Tui pasaran ao Teatro Municipal desta localidade.
 
A banda portuguesa Cassete Pirata e os galegos O Sonoro Maxín precederon no recinto á Orquestra Galego-Portuguesa de Liberación, o espectáculo inaugural do MUMI 2021. Un proxecto que se formula como unha extensión natural da Orquestra Galega de Liberación, baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo e que se estrea no MUMI.

 
Música na rúa o venres 10

Así mesmo o venres 10 están previstos tres faladoiros: “Festivais: creando experiencias arredor da música”, que contará coa participación de Julio Gómez (Festival Sinsal) Luis García (Artes á Rúa) e Jordi Lauren (SON Rías Baixas), entre outros; na mesa “Diferentes fórmulas de apoio á cultura” participan Rosa Bugallo ( Bodegas Martín Códax), María Teresa Cores Fernández (Afundación), João Ribeiro da Silva (Direçao Regional de Cultura do Norte) e Francisco Madelino (Inatel). 

O último faladoiro do venres 10 titúlase “As salas de concertos, un referente no sector” e congregará a responsables de salas galegas e portuguesas, especialmente afectadas pola crise da COVD19. Durante a mañá o as persoas asistentes terán oportunidade de participar en speed meetings que servirán para poñer en contacto a profesionais e empresas que operan en Galicia e Portugal. 

A previsión metereolóxica do venres 10 permite levar a música ao vivo ás prazas de Tui: así pola tarde Silvia Penide e Conjunto! Evite actuarán na Praza de San Fernando. A banda portuguesa Barry White Gone Wrong e a galega Familia Caamagno farán o propio no Teatro Municipal de Tui. A xornada cerra cun concerto só para profesionais de emmy Curl, a artista nacida como Catarina Miranda en Vila Real de Trás-os-Montes, na aurora da década de 90 e que está a ser unha das revelacións músicais portuguesas no último ano.

 
MUMI 2021 PROGRAMA SEXTA-FEIRA 10 SETEMBRO

 
VALENÇA

 
•    10:00 PT/11:00 GZ: FALADOIRO Festivais: creando experiencias arredor da música. Zona PRO
•    11:00 PT/12:00 GZ SHOWCASE. Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Auditório Zona PRO
•    11:45 PT/12:45 GZ: FALADOIRO Diferentes fórmulas de apoio á cultura. Zona PRO
•    15:00 PT/ 16:00 GZ: FALADOIRO As salas de concertos, un referente no sector. Zona PRO
•    16:30 PT/ 17:30 GZ. SHOWCASE Jorge da Rocha. Zona PRO Valença. 

TUI

•    19:30 GZ /18:30 PT SHOWCASE Silvia Penide. Praza de San Fernando (Tui)
•    20:15 GZ / 19:15 PTSHOWCASE. Barry White Gone Wrong. Teatro Municipal de Tui
•    21:00 GZ/20:00 PT SHOWCASE Conjunto! Evite. Praza de San Fernando (Tui)
•    21:45 GZ/ 20:45 PT, Familia Caamagno. Teatro Municipal de Tui
•    23:00 GZ/22:00 PT emmy Curl. Espazo Off (Tui)