As luces do Nadal iluminan Tui
As luces do Nadal iluminan xa Tui, tanto as rúas do centro urbano coma tamén as entradas das distintas parroquias. "Tui, Camiño do Nadal"
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
As luces do Nadal iluminan xa Tui, tanto as rúas do centro urbano coma tamén as entradas das distintas parroquias. "Tui, Camiño do Nadal"
Ampliado até o sábado 19 de decembro o Mercadiño Solidario de Libros na Biblioteca Pública Municipal de Tui que comezou o pasado venres 4 e o sábado 12 de decembro. Está organizado pola propia Biblioteca en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza entre venres 4 e o sábado 12 de decembro un mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Mañá venres, 4 de decembro, ás 18 h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui. Co lema “O Camiño do Nadal” o Concello de Tui continua a campaña iniciada en 2019 na que a posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas.
As actuais condicións de pandemia limitarán a celebración de actividades que tiñan lugar en anos anteriores, pero con todas as medidas de seguridade dende a Concellería de Cultura artellouse unha programación para o disfrute na rúa dunhas festas diferentes por parte de cativos e maiores.
Até o 6 de decembro pode visitarse na sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, a exposición fotográfica “Fillos do Océano” de Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra chega a Tui dentro do proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación.
Horario da exposición de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 21 h e os sábados de 9 a 14 h
O 16 de febreiro, Martes de Entroido, será un dos dous festivos locais en Tui en 2021.
Este ano debido á situación de pandemia non haberá actividades presenciais para a celebración do Entroido en Tui.
Convídase á veciñanza a celebrar este festexo tradicional na casa coas persoas convivintes e compartir as fotografías nas redes sociais coa etiqueta #EntroidoTui.
Tamén se convida a compartir fotografías de anos pasados.
Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase mañá a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal. A capacidade está reducida a 30 espectadores segundo o establecido pola Consellería de Sanidade na orde do 4 de novembro de 2020.
O filme recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes. Está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera.
A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso dirixidos ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui.
A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso infantil de postais de felicitación de Nadal coa finalidade de escoller a felicitación oficial do Concello de Tui e, paralelamente, fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal.
Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo.
Dende os temas do seu primeiro traballo "A Galicia de Maeloc" aos do último disco "Atlántico" os compoñentes de Milladoiro fixeron un repaso aos 40 anos no mundo da música no concerto que ofreceron no Teatro Municipal de Tui o venres 13 de novembro.
O concerto pode volver a gozarse en redifusión o domingo, 15 de novembro, ás 19.30 h, a través de tui.gal, e da canle de Youtube do Concello de Tui.