Compañía Eléctrica con “Aibō”

“Aibō” é o título da obra de teatro infantil que Compañía Eléctrica representará o venres, 8 de outubro, ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui.
Aibō é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. Aibō significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carrapuchiña Vermella. Trátase dunha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.
Dirección e escenografía: Compañía Eléctrica
Autoría: Iria Pinheiro
Elenco: Iria Pinheiro e Areta Bolado
Música: Paulo Pascual
Xénero: Teatro Infantil |Idioma: galego |Recomendada + 3 anos | Duración: 45 minutos
Entradas: 4€ e 3€
Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.