Marta Alonso con “Bailar Agora”

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 1 de outubro, ás 21.30 h o espectáculo de danza contemporánea “Bailar agora” de Marta Alonso.
BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara o posicionamento no presente social e persoal a través da danza.
Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.
A danza, o humor e a cercanía co público xeran unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se se comparte na escena.
“Bailar Agora” recibiu tres Premios María Casares 2021 o de actriz protagonista para Marta Alonso Tejada, o de iluminación para Laura Iturralde e o de dirección para Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro. Tamén recibiu o premio FETEGA 2021 ao Mellor Espectáculo e o terceiro premio no MIT en Ribadavia.
Autoría e dirección: Marta Alonso
Elenco: Marta Alonso e Sergio Penol
Música: Xabier Bértolo
Iluminación: Lara Iturralde
Xénero: Danza teatro | Idioma: galego |Recomendada: Público adulto | Duración: 75 minutos
Entradas 8€ e 6€
Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.
<