Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ibuprofeno Teatro con “O mel non caduca”

Data: 
15/10/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O venres, 15 de outubro, ás 21.30 h Ibuprofeno Teatro presenta no Teatro Municipal de Tui “O mel non caduca”, un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.

Autoría e dirección: Santiago Cortegoso

Elenco: Marián Bañobre e Avelino González

Escenografía: Diego Seixo

Xénero: Teatro Contemporáneo | Idioma: galego |Recomendada: Público adulto | Duración: 75 minutos

Entradas: 8€ e 6€

Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.