Tui en Letras 2026

Data:
6/05/2026
Lugar:
Tui
Dezasete actividades conforman a programación “Tui en letras” a celebrar nos meses de maio e xuño
- Mércores 6 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
- Obradoiro coa ilustradora Aida Alonso
- Mércores 13 de maio de 10 a 13 h na praza de San Fernando
- XVII Tui Le (arredor dos 800 anos da consagración da catedral de Tui)
- Actividade das bibliotecas escolares e da Biblioteca Municipal de Tui
- Co espectáculo “Ollo Piollo” de Barafunda
- Venres 15 de maio ás 21.00 h no Teatro Municipal
- Estrea da obra de teatro amador “Tres porquiños” polo Grupo Xuntanza de Randufe
- Entradas á venda en tui.gal ou unha hora antes do comezo do espectáculo
- Domingo 17 de maio na praza da Inmaculada
- Feira do Libro Galego
- 10 postos da Libraría Nobel
- Programa:
- 12.00 h. Pregón
- 12.30 h.: “Comisión de festas” con Brais das Hortas
- 18.30 h.: “Xela e o dragón” (monicreques) con Barriga Verde
- 20.00 h.: Actuación folclórica dun grupo de pandereteiras.
- Mércores 20 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
- Contacontos “Tantarantiña” con Cris de Caldas (nenos de 4 a 6 anos)
- Xoves 21 de maio ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- Concerto “A tecedora de soños”, coa voz de Uxía Senlle e a arpa de Bleuen LeFriec, interpretación das cancións dedicadas a Begoña Caamaño
- Organiza: Rede de dinamización lingüística Falaredes da Xunta de Galicia.
- Venres 22 de maio ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- Presentación do libro “Ultreia” de Francisco Narla
- Organiza: Libraría Nobel, colabora Biblioteca Pública Municipal
- Mércores 27 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
- Contacontos para bebés “Levántate Xan!!!” con Caxoto
- Do xoves 28 ao domingo 31 de maio
- Xornadas “O siñor Afranio”
- Xoves 28: Conferencia de Natalia Jorge: "De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio".
- Venres 29: Proxección da película "Afranio".
- Domingo 31:
- 12.30 h.: Cata de viños das terras polas que fuxiu “O siñor Afranio”
- 20.00 h.: Concerto: "Música para un fuxido" con Víctor Aparicio, Pablo Nóvoa e Pancho Álvarez.
- Organiza: Concello de Tui e Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño – Louriña.
- Xornadas “O siñor Afranio”
- Venres 5 de xuño ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- Presentación do libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”
- Colabora: Biblioteca Municipal
- Xuño
- Encontro Clubs de Lectura da Biblioteca Municipal: viaxe ao Pazo de Trasalba, tras lectura de obra de Ramón Otero Pedrayo.
- 24 de xuño ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- CXXXV aniversario dos Xogos Florais de Galicia nos 800 anos da catedral
- Recital de música e poesía con Cristal Méndez e o seu espectáculo “Medula”




