O grupo de teatro Xuntanza de Randufe estrea "Tres porquiños"

Data:
15/05/2026
Lugar:
Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 15 de maio, ás 21 h a estrea da obra"Tres porquiños" por parte do grupo de teatro Xuntanza de Randufe.
Esta obra teatral estaba prevista para o pasado mes de abril dentro da programación da Semana de Teatro Amador nas festas de San Telmo, pero tivo que ser adiada, celebrándose o próximo venres 15.
- Autoría: Chirlomirlo Teatro
- Dirección Areta Bolado
- Elenco: Marita Giráldez, Pilar Álvarez, Adrián Vila, Miguel Ángel Martínez, Alba Martínez, Pablo Alfaya; Amancio Muíños, Juan Carlos López, Ricardo Álvarez, Graciela González e Manuel Diz
- Sinopse: “Tres Porquiños” é a revisión do clásico popular da literatura infantil que serve de pretexto para falar do enorme problema actual da vivenda. Os tres porquiños construtores, cos seus particulares estilos e métodos diferenciados (casa de palla, de madeira e de pedra), son os que vertebran esta obra de teatro na que tampouco faltan outros personaxes clásicos como Cincenta, O Príncipe Azul, Os Sete Ananos.
- ENTRADAS




