Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Redrum Teatro presenta este venres no Teatro Municipal  “Os Contos do Lobicán”

Undefined

“Os contos do Lobicán” é o espectáculo de monicreques musical para público familiar que este venres, ás 19 h, presenta no Teatro Municipal de Tui Redrum Teatro. A obra vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e ten unha duración de 40 minutos.

O texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares.

“Os contos de Lobicán” está dirixido por Alex Sampayo e o elenco está formado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez.

Presentación da imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui

Undefined

Hoxe martes, 30 de setembro, ás 12.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a presentación pública da imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. 

O acto contará coa participación de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui;  José Diéguez Dieppa, deán da Catedral;  e Ana Lozano da empresa Anónimo.

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para gozar da última montaxe do CDG

Undefined

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para acudir a Santiago á representación de “A serie clopen” do Centro Dramático Galego no Salón Teatro.

Dende Tui sairá un autobús o xoves, 16 de outubro, ás 14.50 h para acudir á función das 18 h. O prezo é de 5€ incluíndo o autobús e a entrada ao espectáculo.

O Concello de Tui volve participar neste programa de mobilidade do Centro Dramático Galego que posibilita acudir aos seus espectáculos en Compostela.

Davide González e Iria Piñeiro con “Pitiminí: Concerto para bebés”

O venres 31 de outubro Davide González e Iria Pinheiro interpretarán no Teatro Municipal de Tui “Pitiminí: Concerto para bebés”. Trátase dun espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para as súas familias. É unha viaxe musical con melodias e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. 

Proxección de “Sirat”

O venres 24 de outubro, ás 21.00 horas, proxectarase no Teatro Municipal de Tui o filme Sirat. Esta película dirixida por Oliver Laxe está interpretada por Sergi López, Bruno Ñúñez Arjona, Richard Bellamy, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier e Jade Oukid. 

O filme vén de ser seleccionado para representar a España para competir pola nominación ao Oscar á mellor película internacional, e conta xa co Premio do Xurado en Cannes.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura