Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
O Concello de Tui pon en marcha nas próximas semanas un ambicioso programa de mentoring destinado a guiar ao comercio local no seu proceso de dixitalización, promovendo a adaptación ao entorno dixital e a mellora da súa competitividade. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, reafirma o compromiso do Concello co apoio aos comerciantes locais e coa transformación dixital da economía do municipio.
Oportunidades e ferramentas para o comercio tudense
O próximo luns, 4 de novembro, comezarán as obras de reforma da contorna do Mercado de San Antonio en Tui. A zona na que se actuará será a comprendida entre a rúa O Pilar e a rúa Maristas. O obxectivo é lograr a integración da praza de abastos e o seu entorno coa renovación das rúas adxacentes con novo mobiliario, sinalización e iluminación.
As obras, adxudicadas á empresa Xestión Ambiental de Contratas SL, suporán un investimento de 754.292,1€ financiado con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O prazo de execución é de dous meses medio.
O Mercado de San Antonio acollerá esta actividade este sábado, domingo e o próximo xoves 31
No Mercado de San Antonio
o 10:00 h Inauguración oficial e apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada: cestería, marmeladas, cogomelos, castañas, noces, mel, galletas, queixos e embutidos.
Todo preparado no Mercado de San Antonio para acoller esta fin de semana a IV Feira da Cabaza organizada polo concello de Tui. O mercado de cabazas e produtos de outono, show cookings, cata, maxia, música en directo, un obradoiro infantil de Samaín ou unha charla sobre a alimentación saudable con cabaza forman parte da ampla programación prevista que comezará mañá sábado ás 10 h coa inauguración oficial.
O Mercado de Nadal de Tui regresará ao céntrico Paseo da Corredoira do 30 de novembro ao 5 de xaneiro, ampliando a 37 os días de celebración e a 20 as casetas de postos dispoñibles, duplicando as da pasada edición.
Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro celebrarase no Paseo da Corredoira o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Contará con vinte casetas de madeira con produtos propios destas datas coma agasallos, decoración, plantas, artesanía, e gastronomía. A metade das casetas, un total de 10, conformarán un espazo gastronómico de Nadal no mercado onde as especialidades desta datas e as tradicionais farán a delicias das persoas visitantes.
Haberá tres quendas:
O Mercado de San Antonio acolle o sábado 26, o domingo 27 e o xoves 31 a IV Feira da Cabaza. O programa previsto é o seguinte:
Exposición, venda, gastronomía, obradoiros e degustación de receitas con cabazas.