Licitación postos 3, 5, 12 e 13 do Mercado de San Antonio
Licitación postos 3, 5, 12 e 13 do Mercado de San Antonio
Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
Licitación postos 3, 5, 12 e 13 do Mercado de San Antonio
A Praza da Inmaculada converterase venres 14 e o sábado 15 nun escenario perfecto para vivir unha experiencia chea de encanto onde a esencia bohemia de París se fusiona co encanto da cidade. Será coa campaña "Tui, Meu Amor" con motivo de San Valentín.
A celebración ofrecerá unha experiencia única con gastronomía francesa, música instrumental e unha atmosfera máxica que, máis alá do amor romántico, invita a celebrar o amor en todas as súas formas, gozando dos pequenos praceres e da beleza do día a día.
O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con motivo de San Valentín, que converterá a Praza da Inmaculada nun escenario perfecto para vivir unha experiencia chea de encanto onde a esencia bohemia de París se fusiona co encanto da cidade.
A celebración ofrecerá unha experiencia única con gastronomía francesa, música instrumental e unha atmosfera máxica que, máis alá do amor romántico, invita a celebrar o amor en todas as súas formas, gozando dos pequenos praceres e da beleza do día a día.
Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas son os tres establecementos gañadores do II Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Tui en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui. Recibirán 300€, 200€ e 100€ respectivamente.
O obxectivo do certame foi dinamizar o comercio de proximidade e impulsar a actividade comercial, convidando aos establecementos a preparar os seus escaparates con propostas orixinais e creativas sobre o Nadal e a súa vez animando á veciñanza e visitantes a realizar as súas compras no municipio.
Tui prepárase para despedir o ano de forma festiva con deporte, música e solidariedade. Mañá baterá récord de participación na San Silvestre que en só tres edicións se consolida cunha cunha gran acollida coma demostran as 1879 persoas inscritas. Con esta proba as rúas da cidade serán unha festa para despedir o ano.
Até o luns 6 de xaneiro pódese votar polo escaparate favorito elixindo un dos dez finalistas do II Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Tui.
Os finalistas son:
A maxia do Nadal encherá Tui de música e ilusión esta fin de semana. Entre as actividades previstas destacan o Concerto de Nadal da Eurocidade, actuacións das corais tudenses e concerto da orquestra Claxxon. Amais continúa o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira e o Taller Máxico de Papa Noel no edificio da praza da Inmaculada, que contará coa presenza dos elfos e do propio Papa Noel.
Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30 h o seu Nadal. Será co simbólico acto de acendido do alumeado de Nadal que se desenvolverá na praza da Inmaculada. Máis de 506 mil bombillas led e máis de 4 mil metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia. O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.
Dinamizar o comercio de proximidade e impulsar a actividade comercial durante o Nadal, a través da decoración creativa dos escaparates dos establecementos situados no termo municipal, e o obxectivo do o II Concurso de Escaparates de Nadal 2024/2025 convocado polo Concello de Tui a través da concellería de Emprego e Comercio. Convídase así ao comercio local a engalanar os seus escaparates con propostas orixinais e festivas coa temática de Nadal empregando técnicas sostibles, de materiais de refugallo ou de elementos naturais.