Encontro de Viños da Raia 2025

O Mercado de San Antonio acollerá o sábado 19 e o domingo 20 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo o IV Encontro de Viños da Raia. Haberá degustación de brancos, tintos, espumosos e maridaxes de produtores locais tanto galegos coma portugueses.
O horariro será de 12 a 16 h e de 20 a 23 h.
Participan as adegas: Corisca e Quiñóns da Insua de Tui; Edmund do Val de Valença; Sergio Álvarez, Adega Pateira, Jorge Marcote, e Adega Xesteiro do Rosal; Marcio Lópes de Melgaço; Adega do Ricón, Chan de Vide e Miguel Alonso viticultor de Arbo; e María Bargiela de Salvaterra. Mentres que a zona de degustación, que contará con climatización, estará preparada no exterior.
Contarase con oferta gastronómica da man de Almacén Urbano, D’Calle e Maruxa Market, que contan con posto no Mercado, e aos que se sumará Vioncas Bake. Ofrecerán degustacións tanto doces coma salgadas para acompañar aos viños blancos, tintos e espumosos que protagonizarán este cuarto Encontro. O horario será de 12 a 16 h e de 20 a 23 h.
Están previstas tamén unha serie de actividades paralelas no propio Mercado de San Antonio.
- Sábado
- Ás 18.30 h celebrarase o II Concurso de Cata Amateur a cegas guiada polo sumiller Sebaristas. Poderá participar calquera persoa interesada sen necesidade de coñecementos previos.
- Domingo
- Ás 12 h o chef Javier Freijeiro, do Restaurante Pracer será o encargado dunha demostración culinaria con maridaxe.
- Ás 18 h, o enólogo tudense Manuel Areal conducirá a cata comentada “Os viños da raia a partir do século XX”.
- Ás 19.30 h terá lugar a presentación “Vinhos do Atlântico” de Valença.
Para estas actividades, que teñen carácter gratuíto, é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo, xa que contan cun límite de 70 prazas.