O Concello de Tui logra a cesión do edificio da Praza da Inmaculada por parte da Xunta
O edificio situado na Praza da Inmaculada pasará a ser propiedade do Concello de Tui. Así o acordou a Xunta de Galicia segundo orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que establece a cesión en propiedade a título gratuíto deste inmoble.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta coma esta é “unha boa noticia” que da cumprimento a “unha vella demanda da corporación municipal” xa que tras o traslado dos xulgados ao novo edificio na praza de Galicia este inmoble quedou practicamente baleiro.





