Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe ás 17 h a corporación municipal celebra pleno extraordinario e urxente

14/09/2023

A corporación municipal de Tui celebra hoxe xoves, 14 de setembro, ás 17 h sesión plenaria de carácter extraordinaria e urxente. A sesión nº10/2023 ten un total de 2 puntos na orde do día.

Segundo figura na convocatoria a urxencia está motivada no feito de que a obra cuxo expediente de licitación se somete a aprobación, cofinanciada nun 80% polos fondos europeos Next Generation, ten un prazo previsto de execución de oito meses segundo o apartado 8 do PCAP “ANEXO I CUADRO DE CARACTERÍSTICAS DEL CONTRATO“ de data 01/08/2023 e, de acordo coa resolución definitiva de concesión da subvención, a inversión debe estar realizada como data máxima o 30.06.2024, resultando en consecuencia necesario que non se dilate a tramitación da licitación. Esa constitúe tamén a razón de que o procedemento de licitación se tramite tamén por trámite de urxencia de acordo coa Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, existindo o risco de perda da subvención de non poderse cumprir co prazo de execución consignado na resolución da concesión da subvención, prazo vinculado ao establecido no PCAP.

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2º. Expediente 31/2023. Contrato de obras. Reforma da Praza de Abastos/Mercado de Tui (Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.)

Convocatoria Sesión Plenaria nº10/2023 Extraordinaria Urxente