Case mil persoas participan este domingo na X Eurocidade BTT
Este domingo celebrarase a décima edición da BTT Eurocidade Tui-Valença organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e coa colaboración do concello de Tui e a Cámara de Valença.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Este domingo celebrarase a décima edición da BTT Eurocidade Tui-Valença organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e coa colaboración do concello de Tui e a Cámara de Valença.
Coñecer, amar, valorar e protexer a historia de Galicia. Ese é o principal obxectivo de www.rutasdehistoria.gal, un proxecto patrimonial impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal ao que esta primavera se suman catro rexedores das catro provincias galegas cun único fin: poñer en valor o seu patrimonio local.
A corporación municipal de Tui celebrará sesión plenaria de carácter extraordinaria o próximo martes, 14 de marzo, ás 20 h coa seguinte orde do día.
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 1/2023 de data 26/01/2023.
Convocatoria sesión plenaria nº 2/2023 de pleno extraordinario do martes, 14 de marzo de 2023
Un total de 491 persoas demandaron información durante o pasado mes de febreiro na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui no céntrico Paseo da Corredoira. A gran maioría, 407 foron turistas, e 84 peregrinos e peregrinas.
Dos 407 turistas que se achegaron até este punto de información 345 eran de procedencia nacional e 62 chegaron doutros países.
Mañá sábado, 11 de marzo, ás 12 h inaugurarase no Paseo da Corredoira a exposición “O esforzo in-visible das deportistas tudenses”. A mostra organizada dentro da programación “Ocupemos o noso lugar” conmemorativa do Día Internacional das Mulleres busca visibilizar as deportistas tudenses e o seu esforzo en distintas disciplinas.
O Concello de Tui reivindicou onte o espazo que corresponde ás mulleres na sociedade no acto central e institucional do 8M, Día Internacional das Mulleres. Foi no edificio da praza da Inmaculada ás 19:30 h. Seguindo co lema da campaña promovida polo Concello, “Ocupemos o noso lugar”, o acto estivo marcado pola defensa da presenza feminina en todos os espazos da sociedade.
Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença que durante dúas xornadas, venres 10 de marzo e sábado 11 de marzo, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
Venres, 9 de marzo de 2023
Auditorio da ESCE Valença
“Ocupemos o noso lugar” é o lema da programación organizada polo Concello de Tui para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres. As actividades comezarán mañá sábado e prolongaranse até o 2 de abril. O acto institucional, representacións teatrais, exposicións, homenaxe ás mulleres pintoras, presentación de libros, un mercado de Mulleres Creativas, ou un taller de crochet, forman parte do programa previsto.
Tui acolleu esta mañá a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez. Esta presentación foi un foro aberto para contrastar opinións, debater a proposta e comezar a traballar conxuntamente para sacar adiante o proxecto. Tui coma cidade membro da Red de Juderías acolleu este evento organizado en colaboración coa propia Red de Juderías e dos outros dous municipios galegos que forma parte desta asociación coma son Monforte de Lemos e Ribadavia.