Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Para chegar a toda a cidadanía posible o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentará a Axenda Urbana de Tui nun especial radiofónico aberto ao público. O encontro será este venres día 9 ás 12 horas na Sala de Exposicións do edificio Francisco Sánchez, antiga Área Panorámica.
A piscina municipal de Tui, que tiña previsto o seu peche este domingo día 11, adianta a data a mañá día 6 por motivo das previsións de choivas.
As instalacións municipais do concello péchanse logo dun intenso e caloroso verán no que acolleron os habituais campamentos de nenos e nenas do concello, e a visita de turistas e tudenses que se achegaron ata estas dependencias para refrescarse.
Esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Tui tivo lugar o pleno extraordinario da corporación municipal no que se trataron tres puntos na orde do día: o Plan de Acción Local da Axenda Urbana, a aprobación do Expediente de Modificación de Créditos 37/2022 para a ampliación e reforma do centro municipal de piragüismo Quique Míguez e a designación de festivos locais para o ano 2023.
Este venres, 2 de setembro, ás 9 h a corporación municipal de Tui celebra sesión de pleno de carácter extraordinario con tres puntos na orde do día.
1º.- Expediente 1205/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais, de data 29/08/2022, favorable á proposta da Alcaldía en funcións, de data 23/08/2022, de aprobación do documento do “Plan de Acción Local de la Agenda Urbana de Tui” no marco da axuda concedida para a “Elaboración de Proyectos Piloto de Planes de Acción
Convocatoria sesión plenaria 7/2022 do venres, 2 de setembro de 2022, ás 9 h
Actuar nunha superficie de 2.557 m2 no centro do núcleo da parroquia de Baldráns, ao pé da estrada provincial PO-404, para obter 1.490 m2 para as persoas é o obxectivo do proxecto de acondicionamento da contorna da igrexa de Santiago de Baldráns, así o traslada o alcalde Enrique Cabaleiro salientando que a suma dos distintos proxectos presentados á rede ÁGORA, da Deputación de Pontevedra, gañarán un total de 7.023 metros cadrados para as persoas despois de actuar en máis de 13.307 m2..
A cidade de Tui súmase, un ano mais, á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía cun amplo programa de actividades que abrangue dende o xoves 1 de setembro ata o domingo 11 de setembro. Unha renovada oferta de actividades para difundir e valorizar o amplo patrimonio cultural tudense ligado á presenza da comunidade xudía e logo sefardí neste territorio de fronteira.
O Concello de Tui pon en valor das igrexas parroquiais coa instalación de sinalización turística nos templos de Santa Mariña en Areas, Santiago de Malvas, Nosa Señora da Guía en Randufe, O Anxo en Pazos de Reis, Santa Comba en Ribadelouro, San Mamede en Guillarei, San Xoán en Paramos, Santiago en Baldráns e San Martiño en Caldelas. Tamén se procedeu a sinalizar outros elemento patrimonial destacado coma é a Ponte do Mosteiro en Pexegueiro.
O goberno de Tui informa que vén de solicitar á Rede ÁGORA da Deputación de Pontevedra o seu respaldo para a execución do proxecto de acondicionamento da contorna da capela do Anxo, en Pazos de Reis. O proxecto establecerá claramente a prioridade peonil ao tempo que completará a posta en valor dun espazo que xa o ten no centro do ámbito pero non no perímetro, mellorando a calidade xeral, tanto dende o punto de vista arquitectónico como ambiental.