Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Medio centenar de participantes Concurso Nacional de Saltos esta fin de semana

18/09/2023

As instalacións de Equigalia acollerán as probas dende o venres até o domingo

As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.

Este evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo Conde, a directora do Concurso, Paula López Crespo, a secretaria do Club Hípico Equigalia, Natalia Blanco Díaz e o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran Castel.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción pola celebración en Tui dunha proba desta categoría, lembrando que a cultura equina conta en Tui e na contorna con gran tradición. Transmitiu á organización o agradecemento polo labor que realizan e por esta celebrar en Tui esta proba nacional. Fixo un chamamento ao público a achegarse até as instalacións de Equigalia e gozar deste evento deportivo.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavide, salientou coma a hípica é un deporte que contribúe a afianzar a poboación no rural. Engadiu que en Galicia somos referentes neste deporte, e aportou coma dato que a comunidade conta ocupa o cuarto posto a nivel nacional no número de licencias neste deporte.  Tamén indicou que Tui é un exemplo para moitas localidades no mundo do deportes e nos eventos deportivos que acolle.

O vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, explicou que en Tui daranse cita medio centenar de participantes e haberá un centenar de saídas a pista nas distintas modalidades entre as que estarán os saltos a 1,10 m, 1,20 m e 1,30 m.

Elvira Crespo, a presidenta do Club Hípico Equigalia, salientou coma esta Concurso Nacional era o soño do seu marido, Luís Pimental, que esta fin de semana se vai facer realidade. Destacaba  que será un espectáculo ao que convidaba a asistir. Paula López, a directora do Concurso, quixo salientar o nivel de xinetes e amazonas que competirán, tamén coma será unha oportunidade para o alumnado da escola de Equigalia que tamén acudirá ao concurso.   Amais salientaba coma na fin de semana con motivo deste evento haberá nas propias instalacións eventos festivos e gastronómicos.