Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui do 22 ao 24 de setembro

15/09/2023

O próximo luns, 18 de setembro, ás 12.30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres 22 ao domingo 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo Conde, a directora do Concurso, Paula López Crespo, a secretaria do Club Hípico Equigalia, Natalia Blanco Díaz e o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran Castel.