O novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui contribuirá á mellora e posta e valor da Avenida de Portugal
Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira, CCPA, na Avenida de Portugal. O proxecto está agora mesmo en fase de licitación por parte do Ministerio do Interior. O prazo de execución previsto no proxecto é de 12 meses e o orzamento ascende a 2.652.976,65 €. A actuación forma parte do Plan de Infraestructuras de la Seguridad del Estado.





