Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá mércores preséntase o V Encontro de Viños da Raia

Undefined

Mañá mércores, 25 de marzo, ás 13 h, na praza da Inmaculada terá lugar a presentación do V Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar dentro da programación das festas de San Telmo o sábado 4 e o domingo 5 de abril.

Participarán na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e os produtores e produtoras que cos seus viños e espumosos acudirán a este evento.

Conmemoración do 140 aniversario da Ponte Internacional

Undefined

Mañá mércores, 25 de marzo, ás 11.30 h terá lugar un acto institucional conmemorativo do 140 aniversario da inauguración da Ponte Internacional que une Tui e Valença.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, presidirán o acto ao que asistirán membros das dúas corporacións municipais.

Este xoves a corporación municipal celebra pleno ordinario

Undefined

Este xoves, 26 de marzo, ás 20 h a corporación municipal celebra pleno de carácter ordinario, a sesión 02/2026, coa seguinte orde do día: 

1.Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 29 de xaneiro de 2026.

2.Expediente 1463/2026. DITAME de aprobación do Orzamento Xeral 2026.

3.Expediente 1509/2026. DITAME para actualización ao IPC das retribucións por dedicacións das persoas concelleiras.

A escritora Marga do Val e o Tyde F.C. premios Cidade de Tui 2026

Undefined

A escritora Marga do Val na categoría individual e o Tyde F.C. na de colectivo recibirán os premios Cidade de Tui de 2026 en recoñecemento a súa achega á cidade e á sociedade tudense en diversos ámbitos. Así o acordou o Concello de Tui a proposta unánime do xurado destes premios, tras un amplo debate entre posibles persoas candidatas a este galardón. O acordo foi aprobado na Xunta de Goberno Local.  

A Catedral de Tui contará cunha iluminación moderna, eficiente e plenamente respectuosa co patrimonio

Undefined

Coincidindo co 800 aniversario da súa consagración a Catedral de Tui verá mellorada a súa imaxe nocturna grazas á renovación da súa iluminación artística que pasará a ser máis eficiente. A obra comezará esta mesma semana logo de ser adxudicada por Galicia Suroeste. Suporá un investimento de 176 mil euros que serán financiados nun 80% con fondos do PSTD “A Despensa de Galicia” e nun 20% polo Concello de Tui.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan, un ano máis, unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo domingo 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía