Convocatoria sesión plenaria 02/2026 de pleno ordinario correspondente ao mes de marzo
Convocatoria sesión plenaria 02/2026 de pleno ordinario correspondente ao mes de marzo
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión plenaria 02/2026 de pleno ordinario correspondente ao mes de marzo
A presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, será á pregoeira das Festas de San Telmo deste ano 2026. A lectura do pregón, marcará o inicio oficial dos festexos o próximo sábado, 4 de abril, ás 12.45 h, na praza da Inmaculada.
Tui prepárase para vivir a Semana Santa pondo en valor o seu patrimonio histórico e cultural. Esta mañá na casa do Concello presentouse a programación que se vai desenvolver dende este domingo 22 de marzo até o domingo 5 de abril.
Mañá mércores, 18 de marzo, ás 12 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa da Semana Santa de Tui.
A escritora Marga do Val na categoría individual e o Tyde F.C. na de colectivo recibirán os premios Cidade de Tui de 2026 en recoñecemento a súa achega á cidade e á sociedade tudense en diversos ámbitos. Así o acordou o Concello de Tui a proposta unánime do xurado destes premios, tras un amplo debate entre posibles persoas candidatas a este galardón. O acordo foi aprobado na Xunta de Goberno Local.
Coincidindo co 800 aniversario da súa consagración a Catedral de Tui verá mellorada a súa imaxe nocturna grazas á renovación da súa iluminación artística que pasará a ser máis eficiente. A obra comezará esta mesma semana logo de ser adxudicada por Galicia Suroeste. Suporá un investimento de 176 mil euros que serán financiados nun 80% con fondos do PSTD “A Despensa de Galicia” e nun 20% polo Concello de Tui.
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan, un ano máis, unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo domingo 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.
O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026. O Concello de Tui, continuando a liña de anos anteriores encargou a un artista local o deseño da imaxe das festas patronais que se van celebrar do 4 ao 13 de abril. Así o nome de Carlos Fer súmase ao Víctor Aparicio e Carlos Lago que teñen realizado o cartel dos festexos nos últimos anos.
O Concello de Tui aposta así por unha banda por visibilizar a artistas locais, e por outra por reflectir nas imaxes das festas a visión dun ou dunha tudense.
Este xoves, 5 de marzo, ás 20 h no salón de sesións da casa do concello de Tui celebrarase unha reunión , co Consorcio de Augas do Louro, dirixida a todas as Comunidades de Augas das distintas parroquias tudenses.
O obxectivo do encontro é dar un primeiro paso para identificar e coñecer a situación e características de cada unha das traídas veciñais de cara a analizar a vulnerabilidade da rede de abastecemento ante posibles episodios de seca.
Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Tui apela ao cumprimento efectivo da Lei de Igualdade, poñendo o foco na necesidade de que os dereitos conquistados se traduzan en xustiza e acción concreta na vida cotiá das mulleres.
O Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, deseñou para este 8M unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres, en consonancia co chamamento de ONU Mulleres para este 2026.