Tui celebrou as Letras Galegas con libros, música e contos
Tui celebrou onte o Día das Letras Galegas con libros, música e contos nunha xornada cun marcado carácter festivo entorno ás nosas letras e a nosa literatura na praza da Inmaculada. Aquí se celebrou a XXVII Feira do Libro Galego na que máis de 540 títulos de libros en galego tomaron os andeis dos dez postos da libraría Espazo Lector Nóbel, que rexistrou un importante volume de vendas. As últimas novidades editoriais coma Arantxa Portabales, Ledicia Costas, Llerena Perezo, Pedro Feijoo, ou Samuel Ferro que estivo asinando exemplares do novo seu libro ao longo da xornada.





