O Concello de Tui contará este ano co orzamento máis alto da súa historia por importe de case 13,7 millóns de euros
O Concello de Tui contará neste ano 2026 co orzamento máis alto da súa historia por importe de 13.691.522,62€, o que supón un incremento do 10,70% con respecto ao que está en vigor de 2025. As contas para 2026 foron aprobadas na sesión plenaria do mes de marzo cos votos a favor dos seis concelleiros socialistas do equipo de goberno e do concelleiro non adscrito José Palacín. O documento contou coa abstención do BNG e o voto en contra do PP. Tras a tramitación plenaria este martes publicouse no BOPPO o anuncio de aprobación inicial e exposición pública durante quince días.





