A Mancomunidade do Baixo Miño porá autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada polas plataformas en defensa da sanidade pública da comarca xunto con SOS Sanidade Pública ante o continuo desmantelamento da atención primaria ante a falta de dotación de persoal e medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público para asistir a esta manifestación que se celebrará o domingo 12 de febreiro ás 12.00 horas en Santiago de Compostela.