Presentación do Cross Escolar do Baixo Miño
Mañá mércores, 26 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Cross Escolar do Baixo Miño, organizado pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM), en colaboración co servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, co Concello de Tui e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. Aínda que estaba previsto para esta semana, debido ás previsións de choiva, adíase para o xoves 3 e venres 4 de novembro, en horario lectivo, na ribeira de Caldelas de Tui.