Tui alberga este domingo o IX Campionato Ibérico de Kung Fu tradicional e moderno
Este domingo, o pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a novena edición do Campionato Ibérico de Kung Fu en modalidade tradicional e moderna. A proba, que arrincará ás 10.30h da mañá e terá entrada de balde, está organizada polo club Ximnasia e Auga Di Som de Tui e a Federación Galega de Kung Fu en colaboración co Concello de Tui, a Eurocidade Tui-Valença e a Xunta de Galicia.





