Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui amosa o seu agradecemento ás forzas de seguridade pola súa actuación na localización do menor e do vehículo sustraído onte a detención do presunto autor dos feitos

5/03/2024

Destaca tamén a colaboración e compromiso da veciñanza tudense

O Concello de Tui quere amosar publicamente o seu agradecemento ás forzas de seguridade pola súa actuación na resolución, na tarde de onte,  da sustracción dun coche no que nos seu interior se atopaba un neno de curta idade.

Dende o Concello quérese recoñecer e agradecer o labor realizado pola Policía local, pola Garda Civil, e por Protección Civil, que permitiu solucionar en moi pouco tempo este caso, localizando ao menor e detendo ao presunto autor dos feitos. 

O rápido despregue dos efectivos, a coordinación entre os distintos corpos de seguridade, e finalmente a localización e detención por parte da Policía Local de Tui da persoa que presuntamente cometera o delito, demostran a eficacia e profesionalidade dos axentes que participaron na busca e detención.

Por outra banda, desde o concello quérese salientar a marea de solidariedade demostrada pola veciñanza do municipio e a súa implicación na difusión das mensaxes de alerta, en especial aos veciños que deron aviso da localización do vehículo e do neno, permitindo a rápida actuación da policía

É en situacións coma estas onde  as circunstancias esixen o mellor dos nosos corpos de seguridade, cando a sociedade pode apreciar a calidade do seu labor, que permite que vivamos nun concello seguro e protexido. Sucesos coma o vivido onte son excepcionais, e cando ocorren se solucionan con celeridade e eficacia.