Convocatoria sesión plenaria sesión constitutiva da nova corporación municipal, sábado 17 de xuño de 2023
Convocatoria sesión plenaria sesión constitutiva da nova corporación municipal, sábado 17 de xuño de 2023
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión plenaria sesión constitutiva da nova corporación municipal, sábado 17 de xuño de 2023
O Concello de Tui lembra que a práctica de xogos nos espazos abertos que impliquen un risco relevante para a seguridade de persoas ou bens e, especialmente, a circulación temeraria con patíns ou monopatíns por beirarrúas ou lugares destinados aos peóns constitúe unha infracción grave da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cidadá nos Espazos Públicos.
Bando de Convivencia Cidadá
A corporación municipal de Tui celebrará pleno de carácter extraordinario este mércores, 14 de xuño, ás 9.30 h, no salónd e sesións da casa do concello.
Na orde do día figura un único punto referido á aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores: ordinaria nº 3/2023, do 27/04/2023 e extraordinaria nº 4/2023, do 02/05/2023.
Convocatoria sesión plenaria nº 5/2023 de pleno extraordinario do mércores, 14 de xuño, de 2023
O Concello de Tui convoca unha reunión informativa o próximo xoves, 15 de xuño, ás 19 h no salón de plenos da casa do concello para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM da reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.
Esta mañá celebrouse unha recepción aos 11 xogadores e a xogadora do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.
Mañá mércores, 7 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de sesións do Concello de Tui, realizarase unha recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que nesta próxima fin de semana participará na cidade alemá irmandada con Tui, no Torneo Internacional de Versmold.
Neste acto estarán presentes o alcalde en funcións de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o responsable do fútbol base do club, José Manuel Quintana, acompañados polos integrantes do equipo alevín e os seus adestradores, Samuel, José Paz e Raúl.
A convocatoria de propostas artísticas para participar no MUMI 2023 pecha con éxito de inscricións: 244 artistas e bandas, de altísimo nivel e de estilos musicais moi diversos, optan a formar parte do programa de showcases esta edición.
Dende hoxe luns, 5 de xuño, e até o luns 12 de xuño, pódese consultar o censo electoral que estará vixente nas Eleccións Xerais do próximo 23 de xullo. As persoas electoral poderán consultar os seus datos de inscrición no centro censo electoral a través da sede electrónica do INE cos medios de identificación electrónica ou ben presencialmente no Servizo do Padrón na casa do concello.