A rúa Ricamonde pasará a ser de sentido único cara ao Anxo
A rúa Ricamonde pasará a ser de sentido único de circulación cara ao Anxo, e contará cunha senda peonil. Así se acordou hai unhas semanas na reunión mantida coa veciñanza da zona.
Para proceder a este cambio na circulación hoxe comezan as obras de pintado da sinalización horizontal, e procederase á colocación da sinalización vertical. O obxectivo desta actuación, que se executa con fondos propios, e aumentar a seguridade peonil, xa que actualmente a rúa presenta unha carril de circulación moi estreito, e que con dobre sentido puña en risco aos viandantes.





