Bando Reunión en Pazos de Reis Martes 5 de setembro 2023
Bando Reunión en Pazos de Reis Martes 5 de setembro 2023
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Bando Reunión en Pazos de Reis Martes 5 de setembro 2023
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 31 de agosto, ás 20 h no salón de plenos da casa do concello sesión plenaria de carácter extraordinaria con 22 puntos na orde do día.
Orde do Día:
A) Parte resolutiva:
1º. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior extraordinaria nº 8/2023, do 11/07/2023.
O Concello de Tui recibirá da Deputación de Pontevedra 5 mil euros para a "Asistencia técnica proxectos PRTR no ámbito turismo deportivo sostible". Así o aprobou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 16 de xuño de 2023.
O Concello de Tui foi un dos beneficiarios das axudas concedidas pola Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria de subvencións para a redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da Rede Ágora. En concreto importe concedido ascende a 50 mil euros para a redacción do proxecto de execución do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada.
O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta. Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.
Máis 1.100 persoas participarán este sábado, 19 de agosto, no Descenso Internacional do Miño e no Descenso Popular que organiza o club Kaiak Tudense coa colaboración do Concello de Tui, entre outras institucións e entidades. Este eventos foron presentados esta mañá na rúa Olímpicos Tudenses.
Mañá mércores, 16 de agosto, ás 11.30 h, diante do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, presentarase a 52ª edición do Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kaiak Tudense, que se vai celebrar este sábado, 19 de agosto, en augas do río Miño entre Salvaterra e Tui.
Bando Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
Convenio coa CHMS para a mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas
O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio. Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.
Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui.