Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Relación de locais e mesas electorais, cun cambio respecto ás eleccións locais do 28M. O local electoral de Ribadelouro NON será no centro cultural (ao cadrar coa fin de semana na que se celebran as festas da Magdalena). Trasládase á escola infantil do CRA de Ribadelouro en San Simón.
Consultar o anuncio no BOPPO
O Concello de Tui vén de reforzar a iluminación en diversas rúas do centro urbano da cidade dando resposta á demanda da veciñanza deste zona. En total, substituíronse 84 puntos de luz nas rúas Rosa Bahamonde, Foxo, travesía Foxo, en todo o Paseo da Corredoira e na rúa Ordóñez.
Facer que as instalacións municipais sexan accesibles para todas as persoas independentemente das súas particularidades físicas, sensoriais ou intelectuais é o obxectivo do convenio que hai uns días asinaba o Concello de Tui coa Federación de Autismo de Galicia dentro do proxecto “Concello de Tui Accesible”.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinou o documento con Aitana García, responsable da Área de Accesibilidade da Federación, nun acto no que participoaron tamén o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diaz, e Montse Mon, presidenta da asociación tudense Un Máis.
O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano. O Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a renovación e colocación destes elementos, unha actuación que será financiada con fondos propios.
Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI. As inscricións son gratuítas e poden facerse ata o próximo venres 2 de xuño a través da web mumimusicas.eu. Poden presentarse todas as bandas ou artistas de Portugal e Galiza que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.
Até o luns 12 de xuño ás 13.30 h pódense presentar as solicitudes para a realización de Fogueiras de San Xoán no rexistro xeral do concello ou a través da sede electrónica.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hai uns días ao Comité de Empresa de Maderas Iglesias xunto a representantes sindicais da CIG e UGT. Deste xeito o rexedor tudense coñeceu de primeira man a situación pola que atravesa a empresa con sede no Porriño que chegou a ser líder mundial na fabricación de tarimas flotantes. Actualmente a empresa conta con 169 persoas traballadoras das que 14 son de Tui.