Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui esta fin de semana

17/09/2024

Mañá mércores 18, ás 11.30 horas, nas instalacións do Club Hípico Equigalia, realizarase a presentación do Concurso Nacional de Saltos, campionato que se celebrará esta próxima fin de semana, organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Hípica Galega.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo, a directora do concurso, Paula López e a secretaria do club, Natalia Blanco.